Desconectar da vida diaria e poder desfrutar duns días ó aire libre sempre é un privilexio...saboreando cada intre e respirando aire puro e deixándose marabillar polas paisaxes que se paran ante os meus ollos.
E antes os meus ollos parouse Lindau, no lago Constanza.
Bodensee |
A cidade é pequena pero acolledora e como dato interesante...coidado cos pardais! non son como os pardais galegos, estes comen da man ou agardan impacientes por calquera fungalla...fixedron do meu almorzo un xogo do mais interactivo.
Neste punto da viaxe tiven a oportunidade de observar 3 nacións ó mesmo tempo : Deutschland, Österreich und die Schweiz.
Optei por Österreich....
Comecei a ruta nun pequeno pobo chamado Lech.
Mire onde mire, a ámbolos dous lados, sempre montanhas...síntome como protexida, sinto como se non houbese máis mundo. O tempo perde o seu sentido, non hai horas...tan só o Sol, a Lúa e as estrelas.
E como non, funme atopando con flores, ainda que non con moitas.
Euphrasia minima Chamada Zwerg-Augentrost é unha herbácea anual. Florece de Xullo a Setembro podendo acadar entre os 2-10 cm de altura. |
Aconitum napellus Chamada Blauer Eisenhut ou matacans/matalobos por ser especies moi tóxicas. É unha herbácea perenne. Poderemos atopala en zonas montanhosas de ata 2000 m de altitude. |
A auga cristalina e pura, refrescante despois de horas de subida.
Formarinsee pola tarde.....
Formarinsee ó mencer.....
Eu podo compartir convosco as sensacións dese intre....ás veces a vida está cuberta por unha intensa néboa, como ese lago, tan só indo máis aló, máis arriba poderemos ve-la claridade e deixar de vivir nesa soitaria escuridade....cambiar de perspectiva.
Wildgruben-spitze de fondo. 2753m |
Spullersee. 1827m |
Foi unha ruta de dous días cansada e longa, pero durmín coma unha prinzesa e comín coma unha "reina". Mereceu a pena...e volverei a facer unha ruta von Hütte zu Hütte pero de maior duración cando o tempo libre mo permita.