8 de setembro de 2013

Österreich



Desconectar da vida diaria e poder desfrutar duns días ó aire libre sempre é un privilexio...saboreando cada intre e respirando aire puro e deixándose marabillar polas paisaxes que se paran ante os meus ollos. 
E antes os meus ollos parouse Lindau, no lago Constanza.

Bodensee






A cidade é pequena pero acolledora e como dato interesante...coidado cos  pardais! non son como os pardais galegos, estes comen da man ou agardan impacientes por calquera fungalla...fixedron do meu almorzo un xogo do mais interactivo.





Neste punto da viaxe tiven a oportunidade de observar 3 nacións ó mesmo tempo : Deutschland, Österreich und die Schweiz.

Optei por Österreich....



Comecei a ruta nun pequeno pobo chamado Lech.



Mire onde mire, a ámbolos dous lados, sempre montanhas...síntome como protexida, sinto como se non houbese máis mundo. O tempo perde o seu sentido, non hai horas...tan só o Sol, a Lúa e as estrelas.


E como non, funme atopando con flores, ainda que non con moitas.

Gentiana asclepiadea

Chamada Schwalbenwurz-Enzian  é unha herbácea perenne que posúe flores de cor azul escura con forma de trompeta. As follas son lanceoladas dunha cor verde clara, sobre as cais destacan intensamente o azul das flores. Gústalle a semisombra e pode acadar os 90 cm de altura.
Euphrasia minima

Chamada Zwerg-Augentrost é unha herbácea anual. Florece de Xullo a Setembro podendo acadar entre os 2-10 cm de altura. 
Aconitum napellus

Chamada Blauer Eisenhut ou matacans/matalobos por ser especies moi tóxicas. É unha herbácea perenne. Poderemos atopala en zonas montanhosas de ata 2000 m de altitude. 

Carlina acaulis

Chamada Carlina ou Silberdistel. É unha pranta perenne pertencente á familia Asteraceae. Aínda que é comun en toda Europa central está en perigo de extinción. Poderemos atopala en ladeiras soleadas e pradeiras montanhosas. Indica solos rochosos e pouco calcáreos. Medra case pegada a ras de solo e florece de Xullo a Setembro, con flores que poden acadar os 50-120 mm. Como curiosade, anotar que foi e pode ser empregada como higrómetro para pronostica-lo tempo, xa que as flores só se abren cando brila o Sol.

Pinus zembra. 1918m

A auga cristalina e pura, refrescante despois de horas de subida.


Formarinsee pola tarde.....



Formarinsee ó mencer.....


Eu podo compartir convosco as sensacións dese intre....ás veces a vida está cuberta por unha intensa néboa, como ese lago, tan só indo máis aló, máis arriba poderemos ve-la claridade e deixar de vivir nesa soitaria escuridade....cambiar de perspectiva.



Wildgruben-spitze de fondo. 2753m



Spullersee. 1827m



Foi unha ruta de dous días cansada e longa, pero durmín coma unha prinzesa e comín coma unha "reina". Mereceu a pena...e volverei a facer unha ruta von Hütte zu Hütte pero de maior duración cando o tempo libre mo permita.