9 de abril de 2013

Besonnenheit




Hai momentos na vida que marcan un antes e un despois, hai días nos que te percatas de que xa nada será o que foi , hai palabras que son duras e mancan....e hai persoas....que simplemete, deciden seguir o seu camiño.
Hai días nos que decides pasar páxina.

Os camiños da vida son raros e inexplicables, vivimos experiencias que nos marcan de por vida, sen acabar de comprender o seu motivo.
¿por qué hai camiños que se cruzan para despois separarse? 
¿e para qué se volven cruzar para volver a separarse? 
¿cruzaránse de novo?

Para min, vivir é aprender a camiñar..e o meu camiño está cheo de herbas, unhas veces lévanme ó paraíso, outras envelénanme, algunhas cúranme e tantas outras fanme sufrir....agora ando buscando a herba que me cure.....


Ein kleines Gedicht von einem schönen Buch "Flower-Fairys im Frühling"

Der Märzwind ist noch scharf und kalt.
Ich blühe schon -ich weiss, dass bald 
die Sonne alles wärmer macht!

Die Blätter wachsen mir noch nicht
sie kommen später ans Licht.
Sie lieben de Besonnenheit
und denken sich: Wir haben Zeit



Huflattich

Tussilago farfara




Ningún comentario:

Publicar un comentario