17 de marzo de 2013

A primeira saída...

Cada ano estou agardando impaciente as primeiras pinceladas de cor no meu refuxio de paz, o Bosque. Camiñar ausente entre ás árbores espidas ou pola beira do río e de súpeto, alí están...agardando ser olladas, sorprende cada ano. Por circunstancias da vida este ano estou un pouco lonxe da miña terra galega, concretamente en Schwäbisch Hall, no sur de Alemaña....e pouco a pouco, comeza a espertar tamén por aquí,  a natureza. A neve foise e sain impaciente este fin de semán de excursión...agardando atopar algunha marabilla alemana ou algunha semellanza coa miña terra.
Galanthus nivalis
         A primeira sorpresa, foi sen dúbida fermosa. Galanthus nivalis, a beleza das súas flores brancas que colgan como folerpas de neve caendo do ceo, adornan e tapizan, bosques e xardíns ,dándolles un toque elegante.Pertence á familia Amarylidaceae, perenne bulbosa que florece moi temprán, entre Febreiro e Marzo. Medra sobre solos profundos e húmidos .Consta de 3 pétalos grandes externos e outros 3 pequenos internos en forma de copa, moi sinxela de recoñecer.Pode chegar ata os 30 cm de altura. Chamada vulgarmente Schneeglöckchen ou Campá de Inverno.En España non é frecuente, pode verse nos Pirineos ou en rexións do noreste peninsular.Cando esta bulbosa aparece, penetrando con enerxía entre a neve, pódese decir, que a Primavera xa está aquí!!!





Wenn die ersten Schneeglöckchen hervorkommen, ist wieder Frühling. Der Jahreskreis der Natur beginnt neu.

A campá de inverno ademáis de ser moi popular como ornamental, ten tamén usos mediciñais. Por exemplo, contén un alcaloide, a galantamina, o seu uso foi aprobado no tratamento contra o Alzheimer nunha serie de países. A galantamina tamén se usa no tratamento de lesións traumáticas do sistema nervioso. Ademáis é unha bulbosa emenagoga, xa que estimula ou aumenta o fruxo vaxinal e polo tanto pode inducir ó aborto nas primeiras semáns de xestación.




Polo camiño da vida non deixamos de atoparnos herbas, ás veces florecen e sorpréndenos unha fermosa flor como a do Galanthus e outras veces, podemos sair escaldados como cando nos atopamos unha ortiga, 
Sexa como sexa, eu estou disposta e voume propoñer aprender de cada paso e de cada herba que me atope no camiño. Por que da ortiga tamén se pode sacar beneficio, xa que se recomenda o seu uso como verdura, evidentemente cocida, por ser antihemorráxica e hipoglucemiante ( boa para os diabéticos).
Aprender de cada herba, aprender de cada experiencia, aprender de cada erro....despois do Inverno sempre veu e virá a Primavera...







1 comentario: