26 de marzo de 2013

Crocus de Primavera



Sobald die Sonne hinter Wolken verschwindet, schliessen sich die Blüten.


O dia que saquei as fotos, era como non podía ser de outra maneira, nublado e gris ( como un de tantos por aquí). Teño que comunicar que voltou de novo o Inverno, cunha temperatura mínima de -4ºC esperteime hoxe pola mañá, o vento non fixo o dia máis agradable. Escoitei no telexornal que este Inverno, en Alemaña, foi un dos que tivo menos horas de sol dende fai 42 anos, en total unhas 100. Pronostican tamén unha Primavera do máis atípica..xa se verá, como todo na vida....co paso do tempo.
Crocus vernus


Crocus vernus son unha das bulbosas máis madrugadoras, pertencentes á familia Iridaceae. Florecen entre febreiro e maio e as súas follas atravesan con enerxía a neve e comezan a florecer cando a neve se derrete A súa cor varía entre branco e violeta.




 Poden acadar unha altura de 5-15 cm e adoitan medrar sobre prados ou pradeiras de montaña,ata uns 2800m de altitude.Soen medrar en grupos e o producen cada ano un novo bulbo por enriba do vello.




As flores aparecen sobre un pedúncculo subterráneo, moi curto, carecendo de escapo. O perianto está formado por 6 tépalos elípticos libres. Os estames son tres e máis curtos que o perianto.O froito en cápsula medra a rentes do chan, sobresaindo del por medio dun pedúnculo.


En Galiza adoitamos ver a partires de setembro a variedade Crocus serotinus ou Merendera pyrenaica, esta última endemismo da Península Ibërica. Chamadas popularmente Tollemerendas, o seu nome provén de que marcan a época na que comeza a devalar o día, e non se lles servía merenda ós xornaleiros no campo...os días acúrtanse...o Outono chama á nosa porta.

Curioso...Uns anucian a chegada da Primavera e os outros a do  Outono.


A este xénero pertence tamén o safrán, Crocus sativus,  é prantado en moitos lugares da Península e empregado como condimento. O safrán é tan só o estigma seco da flor pero moi apreciado.


9000 Tollemerendas... no minuto 1:47 SONS-NÚS




Ningún comentario:

Publicar un comentario