29 de marzo de 2013

Quéreme...non me quere

Coñecidas por todos nós dende que somos cativos, as margaridas comezan a pintar prados e  céspedes de parques e xardíns. Florecen prácticamente todo o ano e están sempre a nosa disposición, por si precisamos saber se o noso amor é correspondido ou non...¿Quen non desfollou nunca unha margarida? Que lembranzas aquelas....cousas de cativos. A día de hoxe xa non vou desfollando margaridas, prefiro deixar que a vida me sorprenda....

As margaridas pertencen ó xénero Bellis, son herbas anuais ou perennes con capítulos solitarios. Posúen un invólucro de brácteas en dúas ringleiras. As flores exteriores son liguladas, brancas ou ás veces rosadas, sendo o resto flósculos. O froito é un aquenio de 1mm, obovado e pubescente.


As flores abren durante o día e fechan de noite ou cando vai mal tempo.
Tamén teñen a capacidade de orientar as súas flores en dirección perpendicular ou paralela ós raios do Sol, o que en botánica se denomina Heliotropismo.
Poden realizar este movemento debido a que posúen un grupo de células motores debaixo da flor chamadas pulvinus.
Con esta adaptación conseguen interceptar maior radiación, mellorar a fotosíntese e aumentar o seu crecemento.




Son consideradas malas herbas nos céspedes, aínda que ben mirado....non son tan malas. Primeiro, as súas follas son comestibles..podemos preparar unhas ricas ensaladas ou preparadas en infusión, podemos conseguir un repelente para mosquitos. Segundo, as flores tamén son comestibles; maceradas en auga obtense un remedio, que inxerido, trata a tos e elimina a mucosidade. No uso externo é empregada como vulneraria.

Wir können die Gänsenblümchen  auf Wiesen, Viehweiden, an Wegrändern und im Garten finden und sammeln. Der Blütezeit ist von März bis Oktober. Die Blüte sind eine aromatische und optische Bereicherung für Salate, Suppen und Desserts. Äusserlich und innerlich eignen sich dir Blüten und Blätter für Tee, Frischpflanzensäfte und hautberuhigende Gesichtsmasken.

Rezepte

-Fürs Gesicht:
1 Esslöffel Gänsenblümchen mit 2 Esslöffel Haferkleie und 1 Teelöffel Honig vermischen.
Auf dem Gesicht verteilen, 15 Minuten einwirken lassen, anschlissend abwaschen.

-Für Gänsenblümchentee :
1 Esslöffel Blüten und Blätter mit 150 ml heissen Wasser übergiessen, 10 min ziehen lassen und 3 mal täglich 1 Tasse trinken.

Das unscheinbare Gänseblümchen  wird in allen wichtigen Kräuterbüchern erwähnt und gilt darin als "fürtreffenlich" für alle Krankheiten. In der Volksheilkunde nimmt man die frischen Blätter gern für Frühlingssalate. Ihre Bitterstoffe, Flavonoide und ätherisches Öl regen den Stoffwechsel an.



Ningún comentario:

Publicar un comentario