As flores azuis teñen un significado moi especial para min e por iso, sempre que me atopo unha, percórreme unha sensación algo difícil de describir, xa que esta,está moi vinculada as miñas emocións. É curioso como algo tan simple e tan pequeno pode producir algo tan emotivo....pero así é a vida e as súas pequenas cosas. A maioría das veces, asocio emocións con imaxes....e as flores azuis foi un momento pasado moi especial para min e só hai unha persoa no mundo que sepa do que estou a falar.
E como non atopeime en Alemaña a miña primeira flor azul.
Scilla bifolia |
Esta bulbosa florece entre marzo e abril en veigas de prados e bosques de solos húmidos e media sombra. Endémica do sur e do centro de Europa, pertence á familia Aspagaraceae. Posúe un bilbo escamoso e rofundo e a súa principal carracterística son dúas follas verdes e lanceoladas, as cais lle dan o nome "bifolia". Ten un talo floral de 6-10 flores de cor azul ou violeta. Pode chegar a acadar 20 cm
.
En Alemaña está protexida e non se permite a súa recolleita, aínda que é común vela nos xardíns das casas. A especie que tamén é moi común nos xardíns alemán é Scilla siberica ou Siberische Blaustern
En alemán chámase Zweiblättriger Blaustern, unha traducción ó galego sería estrela azul de dúas follas. E ben certo o seu nome, xa que parece que pequenas estrelas azuis frotaran sobre o manto inerte do meu amigo o bosque.
As primeiras raiolas do día, espertan aos que estamos a durmir
Kräuter und Blumen locken mit verführerisch duftenden Blättern und Blüten ken beruhigend, andere anregend oder betörend und einige sogar aphrodisierend . In ihrem Inneren warten die zarten Schönheiten dann noch mit heilkräftigen Substanzen auf, unter denen etliche den Weg in unsere Apotheken fanden.
Ningún comentario:
Publicar un comentario